Sunday 12 de May de 2024

Gonzalo Muíños reclama ao bipartito que retome o proxecto de retranqueo do muro da rúa Vedra


Explica que, logo de que en febreiro se abrise unha fenda no muro iniciáronse os trámites para conseguir a cesión da parcela por parte de ADIF e acometer unha actuación que permitiría ampliar a rúa

Será no pleno de este xoves onde o PSOE reclamará ao bipartito que retome o proxecto de retranqueo do muro da rúa Vedra, logo de que en febreiro se rexistrase unha fenda neste muro. Explica o portavoz dos socialistas que, unha vez se rexistrou a incidencia, ADIF -a propietaria da parcela e do muro- acometeu unhas obras urxentes e, a partir de ese momento, o goberno socialista iniciara as conversas para conseguir a cesión da parcela e encargou un estudo para valorar o custo de acometer o proxecto.

Gonzalo Muíños explica que esta actuación non é só “unha demanda das veciñas e veciños da zona” senón tamén “unha oportunidade para cambiar completamente este espazo” posto que a actuación, que ten un custo estimado de 323.000 euros suporía unha ampliación do carril, a mellora da zona de aparcadoiro e da beirarrúa, incorporando unha en cada sentido -actualmente só hai nunha das beiras da rúa-.

O edil socialista recalca ademais que “xa hai pasos dados” posto que nas conversas con ADIF “xa nos manifestara a súa predisposición a ceder a parcela” polo que confía en que o bipartito “saiba ver a oportunidade e lle dea continuidade tamén a este proxecto”.